Gustaríache compartir unha xornada de traballo cun/cunha alto/a executivo/a dunha empresa?

UVigo - Emprego 10/03/2020

En resposta ao éxito da 3.ª edición do programa “Directivos por un día”, organizado pola Asociación Española de Directivos xunto coa Fundación Junior Achievement, a dita asociación lanza un segundo chamamento para que máis mozos e mozas da Universidade de Vigo poidan gozar desta iniciativa.

O programa encádrase no compromiso que a Asociación Española de Directivos ten co desenvolvemento profesional das novas xeracións e coa vontade de acercarlles a realidade do mercado laboral ao estudantado universitario.

O programa diríxese ao estudantado matriculado no último ano de calquera das titulacións de grao ou dobre grao ofertadas pola Universidade de Vigo.

Os encontros de traballo terán lugar durante o mes de abril, segundo a dispoñibilidade de cada directivo ou directiva.

Información e solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 18 de marzo de 2020.

No momento da inscrición non é necesario presentar ningún certificado acreditativo. Pero, se unha candidatura seleccionada non puidera xustificar un mérito que a fixera merecedora da praza, quedará excluída do programa.

Animámosvos a que non perdades a oportunidade de participar nesta experiencia!