II Convocatoria da Bolsa Ensaia

UVigo - Emprego 14/10/2022

Ensaia foi un dos 25 proxectos seleccionados en 2018 polas Nacións Unidas (ONU) como “proxecto para o cambio social” de toda a rexión Euromediterránea. Coa finalidade de aportar valor a Galicia convócase a segunda edición da Bolsa Ensaia.

Esta convocatoria ten como obxectivo concederlle á persoa seleccionada unha bolsa para o desenvolvemento da súa traxectoria profesional que busque potenciar un camiño que impacte dalgún modo en Galicia no ámbito cultural, económico, artístico ou social.

Se tes entre 21 e 35 anos e unha idea, esta convocatoria pódeche interesar!

Resumo das bases

  • Concesión dunha bolsa por importe de 6000 €.
  • Ademais dunha bolsa económica, buscan impactar o maior número de proxectos presentados con contactos, formacións e coñecementos. É dicir, o simple feito de presentarse, pode ter premio.
  • As persoas solicitantes deberán ter entre 21 e 35 anos no momento da concesión.
  • É unha bolsa destinada a apoiar traxectorias. 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20 de novembro de 2022

Máis información aquí.