III Edición IMF Emprende

26 de febreiro de 2019

UVigo - Emprego 06/03/2019

IMF Business School pon en marcha a terceira convocatoria da súa aceleradora de empresas IMF Emprende.

Startups e emprendedores/as poderán presentar os seus proxectos. Un comité seleccionará dez finalistas e IMF Business School ofreceralles asesoramento, formación e titorización para elaborar o plan de empresa, así como a colaboración cos gastos iniciais do proxecto gañador. Tamén desfrutaran de servizos exclusivos, mentorización e soporte en liña para a creación do plan de empresa e formación presencial provisto de seminarios e talleres.

Dos dez proxectos preseleccionados, elixirase un gañador e haberá dous accésits. O primeiro obterá durante seis meses asesoramento e seguimento por parte de expertos/as da escola e unha dotación económica de 2000 euros brutos para cubrir os primeiros gastos e un mestrado profesional en liña.

Os dous accésits recibirán asesoramento e seguimento por parte de expertos/as de IMF Business School durante os tres meses seguintes á finalización do programa e un mestrado profesional en liña.

Prazo

Ata o 15 de marzo de 2019.

Máis información dende a páxina web.