Lectorados de lingua, literatura e cultura galega

UVigo - Emprego 07/07/2020

A Consellería de Cultura e Turismo convoca 6 prazas para os lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos das seguintes universidades:

  • Universidade de Bangor, Reino Unido
  • Universidade Autónoma de Barcelona, España
  • Universidade de Cork, Irlanda 
  • Universidade de Kiel, Alemaña
  • Universidade de Miño, Portugal
  • Universidade de Deusto, País Vasco, España

Condicións

  • A duración do contrato non poderá exceder os tres anos
  • Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes

Requisitos

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: 

  • Licenciatura en Filoloxía Galega
  • Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou a segunda lingua románica elixida fose o galego
  • Grao en Lingua e Literatura Galegas
  • Grao en Estudos de Galego e Español
  • Grao en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios 
  • Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés
  • Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 3 de agosto de 2020. 

As solicitudes poden tramitarse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento: PL500F. 

Máis información aquí