Lectorados MAEC-AECID en universidades estranxeiras

UVigo - Emprego 08/01/2021

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 135 prazas de lectorados MAEC-AECID en universidades estranxeiras para o curso 2021/2022.

Requisitos

  • Cidadáns e cidadás españois, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado.
  • Titulación superior nalgunha das seguintes disciplinas: español, filoloxía, literatura, linguas, humanidades, tradución, interpretación ou lingüística.
  • Experiencia docente do idioma español, e/ou de literatura en español.
  • Coñecementos do idioma oficial do país solicitado ou doutro idioma aceptado como de comunicación universitaria.

As axudas consisten nunha dotación mensual que variará en función do país e da universidade de destino, unha axuda de gastos de viaxe, seguro de asistencia en viaxe e de accidentes durante o período de vixencia da axuda, unha axuda para a adquisición de material didáctico para o ensino do español e bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa de lectorados.

O lectorado concedido desenvolverase polo tempo no que exista actividade académica obxecto deste programa na correspondente universidade, dentro do período do 1 de xullo de 2021 ao 31 de decembro do ano 2022.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2021.

Máis información aquí.