Lectores/as de español en universidades estadounidenses 

UVigo - Emprego 23/09/2020

Fulbright España convoca o programa de bolsas Fulbright Foreign Language Teaching Assistants (FLTA) cun total de ata 11 prazas durante o curso académico 2021/2022 dirixidas ás disciplinas de educación, ensinanzas de idiomas e filoloxías.

A finalidade das bolsas é ofrecer a oportunidade de adquirir experiencia no ensino de español e coñecer profundamente a sociedade e cultura estadounidenses. Os e as participantes, ademais das súas responsabilidades docentes, cursarán materias de estudos universitarios e participarán en actividades extracurriculares.

Características das bolsas

  • A duración das bolsas será dun curso académico de 9 meses, sen posibilidade de renovación
  • O período de goce será de agosto/setembro de 2021 a maio/xuño de 2022, en función do calendario da institución de destino
  • A dotación das bolsas será de 4000 $ máis unha axuda complementaria de cada universidade (aloxamento, manutención, estipendio etc.) e seguro de enfermidade e accidente

Requisitos

 

  • Ter a nacionalidade española e residir en España no momento de apertura da convocatoria e durante o proceso de selección
  • Título de grao ou licenciatura que non sexa anterior a xuño de 2013 nin posterior a outubro de 2020
  • Formación acreditada ou experiencia laboral no ensino de idiomas ou en educación
  • Bo nivel de inglés demostrable con exame TOEFL (mínimo 90), IELTS (mínimo 6,5), Duolingo (mínimo 115)

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2020.

Máis información aquí.