Oferta de CITMAga como investigador/a para un proxecto relacionado coas enerxías renovables

UVigo - Emprego 11/03/2022

Proxecto

Plantas de enerxía renovable e sistemas de almacenaxe no mercado da enerxía.

Referencia da oferta

CITMAga-OT-08/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador ou investigadora para un proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) e unha empresa do sector da enerxía. 

Perfís das candidaturas

Licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática (ou similares). 

Valoración de requisitos e de méritos

  • Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da matemática aplicada e industrial,  a optimización e a aprendizaxe automática.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica, optimización e predición baseada en datos, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e de métodos numéricos propios destas disciplinas.
  • Coñecementos de inglés.
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais con restricións alxébricas.
  • Métodos numéricos en optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python etc.).
  • Control óptimo de sistemas.
  • Técnicas de aprendizaxe automática. 
  • Modelización e predición baseadas en datos.

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1 862,62 € en 12 pagas.
  • Duración do contrato: 6 meses 
  • Xornada laboral: a xornada completa.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 17 de marzo de 2022.


Máis información na seguinte ligazón.