Oferta de emprego de CITMAga dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” 

UVigo - Emprego 11/10/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a colaborador dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.

Funcións

Modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria.

Valoración de méritos

  • Titulación universitaria relacionada coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática (ou similares)
  • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica para valorar.
  • Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas.
  • Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab etc.).
  • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización.

Características do posto

  • Retribución bruta mensual: 1606,52 € en 14 pagas.
  • Data de inicio prevista: a partir do 29 de outubro de 2022.
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
  • Categoría laboral: investigador/a colaborador.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.


Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de outubro de 2022.

Máis información aquí.