Oferta de emprego de CITMAga de dous contratos para investigadores/as con experiencia

UVigo - Emprego 26/11/2021

Proxecto

Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles.

Referencia da oferta

CITMAga-OT-14/2021.

Descrición do posto

2 contratos a xornada completa como investigadores/as con experiencia para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.

Perfís das candidaturas

Doutoramento relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática.

Valoración de requisitos e méritos

1) OT-14/2021/P1: Perfil orientado á predición de mercados e optimización estocástica.

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da estatística e da investigación operativa.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística e na inclusión da incerteza nos modelos estocásticos, así como na implementación e na validación en ordenador de algoritmos e métodos propios destas disciplinas.
  • Coñecementos de inglés.

2) OT-14/2021/P2: Perfil orientado a programación de aplicacións de optimización estocástica.

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da informática, a estatística e a investigación operativa.
  • Coñecemento e experiencia previa na activación de algoritmos de optimización matemática, especificamente, en algoritmos de programación estocástica.
  • Coñecementos de inglés. 

Valoraranse os seguintes coñecementos e experiencia adicional, se ben non é necesario ter experiencia en todos eles: 

  • Programación/optimización matemática.
  • Programación/optimización estocástica.
  • Modelado de problemas de optimización en AMPL e Pyomo.
  • Desenvolvemento e validación de algoritmos de optimización matemática.
  • Machine Learning
  • Predición estatística con series de tempo.
  • Técnicas de redución de escenarios.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R,C++ etc.).
  • Manexo e xestión de bases de datos non relacionais.
  • Manexo e xestión da plataforma Microsoft Azure.

Nas prazas do perfil 1, valorarase a experiencia previa na predición de mercados e na optimización estocástica para a resolución de problemas de planificación en plantas de proceso industrial.

Nas prazas do perfil 2, valorarase a experiencia previa na implementación en ordenador de algoritmos de optimización matemática relacionados coa planificación en plantas de proceso industrial, tamén no manexo e na xestión de contornas produtivas na plataforma de Microsoft Azure.

Características do posto 

  • Retribución bruta mensual: 2315,14 €. 
  • Data de inicio prevista a partir do 1 de xaneiro de 2022.
  • Duración e data estimada de fin de obra: 31 de decembro de 2022.
  • Xornada laboral: xornada completa.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de decembro de 2021.

Máis información aquí.