Oferta de emprego de CITMaga como investigador/a colaborador/a dentro do programa de investigación "Análise matemática de datos"

UVigo - Emprego 29/06/2022

Denominación do proxecto

1 contrato como investigador/a colaborador/a no CITMAga, no marco do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.

Referencia 

CITMAga-OT-19/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a colaborador/a.

Funcións

Planificación e deseño de experimentos, depuración de datos, análise estatística dos mesmos e realización de informes.

Perfís requeridos 

Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado.

Valoración de requisitos e méritos 

  • Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e mestrado de especialización con contidos en estatística.
  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia específica en análise de datos e en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, Latex, C++ etc.).
  • Experiencia específica en proxectos de tratamento de datos de estudos de intercomparación de laboratorios.
  • Coñecemento das regulacións de saúde e seguridade de produto no sector téxtil

Características do posto 

  • Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto a unha actividade a realizar dentro da liña de investigación, durante a duración concreta da mesma, e en función da porcentaxe de dedicación da xornada laboral de ata
  • 295,42 € mensuais.
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

Información e solicitudes

Prazo de solicitudes aberto ata o 30 de xuño de 2022.
 

Máis información na seguinte ligazón.