Oferta de emprego do ITMATI

Xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e de Innovación

UVigo - Emprego 06/08/2019

Referencia da oferta

ITMATI-OT-11/2019.

Descrición do posto 

Un contrato por obra e servizo coma xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e de Innovación para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI.

Perfís das candidaturas 

Licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as ou mestrados/as no ámbito das ciencias experimentais ou da enxeñaría. As persoas candidatas non deben ter experiencia laboral previa no grupo de cotización 01 para o que se convoca a praza.

Ofrécese

  • Retribución bruta mensual: 1584,00 € -1666,00 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada.
  • Data de inicio: incorporación prevista para a segunda quincena de setembro de 2019.
  • Data estimada de fin de obra: dous anos dende o inicio da actividade
  • Xornada laboral a tempo completo.
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela

Envío de solicitudes 

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar as solicitudes antes do 6 de setembro de 2019 ás 23.59 horas.

Máis información aquí.