Oferta de emprego de ITMATI: 1 contrato como Business Development Manager

UVigo - Emprego 26/06/2020

Referencia da oferta: ITMATI-OT-08/2020.

Descrición

O posto ofertado é un 1 contrato como “Business Development Manager” para a intensificación da actividade da Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI polas novas oportunidades de colaboración xurdidas pola pandemia do coronavirus Covid-19

A quen vai dirixido?

Persoas graduadas ou licenciadas en Enxeñaría ou persoas cun mestrado preferentemente relacionado coa matemática e a enxeñaría industrial, con formación específica no desenvolvemento de negocio.

Méritos valorables

  • Posuír o mestrado MBA ou afíns
  • Ter formación especializada en promoción e desenvolvemento de negocio, en promoción e xestión de proxectos, en contratos de I+D+i e en actividades de transferencia e innovación
  • Ter formación específica en xestión e promoción de proxectos internacionais
  • Posuír coñecementos de inglés a nivel avanzado
  • Ter formación no uso de ferramentas ofimáticas

Onde e cando?

  • A data prevista de inicio está programada para finais de xullo de 2020
  • A data estimada de fin de obra é o 31 de decembro de 2020 (prorrogable)
  • A xornada laboral é a tempo completo
  • O lugar de traballo é Santiago de Compostela

Dotación económica

  • O contrato ten unha retribución bruta mensual, en 12 pagas, de entre 1487,14 € e 2244 € en función dos méritos e da produtividade por obxectivos alcanzados

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 10 de xullo de 2020 ás 23.59 horas.

Máis información aquí.