Oferta de emprego de ITMATI como investigador/a para o proxecto de investigación “Digital Transmission System Operator”

UVigo - Emprego 15/06/2021

Proxecto

“Digital Transmission System Operator”.
 
Referencia da oferta

ITMATI-OT-04/2021.
 
Descrición do posto

Un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.
 
Perfís das candidaturas

Persoas con titulación de grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coas matemáticas, coa informática ou afíns, con interese no modelado e ou na resolución de problemas reais mediante técnicas de programación matemática.

Méritos para valorar

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da enxeñaría matemática (investigación operativa ou similar).
  • Coñecemento e experiencia previa na implementación eficiente de algoritmos matemáticos.
  • Formación complementaria relevante relacionada coa optimización-programación matemática (cursos, materias, TFG, TFM, …).
  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia no desenvolvemento de software científico, en particular, software de simulación e de optimización matemática. Desenvolvemento de código, documentación, soporte e formación de persoas usuarias.
  • Experiencia de programación en linguaxes de cálculo científico (Python, C, C++, Java, …).
  • Experiencia na modelización de problemas de programación matemática empregando API de solvers lineais (Gurobi, Google OR-Tools) e linguaxes de modelado alxébrico (AMPL, Pyomo).

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1.584 €-1.801,07 € en 12 pagas en función dos méritos e da experiencia da persoa candidata.
  • Data de inicio prevista: incorporación inmediata. 
  • Duración e data estimada de fin de obra: 19 de febreiro de 2022.
  • Xornada laboral: xornada completa.
  • Lugar de traballo: no Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela ou no Campus Elviña na Coruña.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2021.

Máis información aquí.