Oferta de emprego do ITMATI como investigador/a para o proxecto “Optimización de procesos de produción biosostibles”

UVigo - Emprego 02/07/2021

Proxecto

Optimización de procesos de produción biosostibles
 
Referencia da oferta

ITMATI-OT-05/2021
 
Descrición do posto

Un contrato como investigador/a para un proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Perfís das candidaturas

Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coa informática, enxeñaría, matemáticas e física.

Valoración de méritos

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura coa informática e as ciencias da computación.
  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da matemática industrial (matemática aplicada, estatística e investigación operativa ou similar).
  • Coñecemento e experiencia previa en linguaxes de programación Python, R, Julia, ….
  • Coñecemento e experiencia previa en optimización matemática, particularmente en linguaxes de modelización (AMOL, Pyomo) e na implementación de algoritmos de optimización.
  • Experiencia no desenvolvemento de software científico. Desenvolvemento de código, documentación e soporte.
  • Experiencia no desenvolvemento de interfaces gráficas de usuario/a para software enfocado ao uso empresarial.
  • Coñecementos de inglés.

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1850 - 2315 € en 12 pagas, en función dos méritos e da experiencia da candidatura.
  • Data prevista de inicio: incorporación inmediata.
  • Duración e data estimada de fin de obra: 31 de decembro de 2021.
  • Xornada laboral: xornada completa.
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de xulloo de 2021

Máis información aquí.