Oferta de emprego de ITMATI como investigadores/as para o proxecto Implementación e validación de técnicas de optimización polinómica

UVigo - Emprego 23/07/2021

ITMATI realiza un proceso selectivo de dous contratos a tempo parcial como investigadores/as para o proxecto “Implementación e validación de técnicas de optimización polinómica”.

Referencia da oferta

ITMATI-OT-07/2021

Titulación requirida

Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coa informática, a enxeñaría, as matemáticas ou a física.

Valoración de méritos

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura coa Informática, Ciencias da Computación e as Matemáticas.
  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia en optimización polinómica. 
  • Experiencia en implementación de técnicas de optimización polinómica en C++.

Características dos postos

  • Retribución bruta mensual: 300 € en 12 pagas (6 horas/semana).
  • Data prevista de incorporación: setembro de 2021.
  • Data estimada de fin de obra: 31 de decembro de 2021
  • Xornada laboral: a tempo parcial (6 horas/semana)
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xullo de 2021

Máis información aquí.