Oferta de emprego do ITMATI (ITMATI-OT-12/2019)

Investigador/a para o desenvolvemento de modelos preditivos de demanda hotelera

UVigo - Emprego 30/08/2019

Referencia da oferta

ITMATI-OT-12/2019.

Descrición do posto 

Un contrato como investigador/a para o desenvolvemento de modelos preditivos de demanda hotelera, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Cluster TIC Galicia, o Cluster de Turismo e o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) para o desenvolvemento do deseño e implantación dunha ferramenta de xestión e axuda á toma de desicións no sector do turismo.

Perfís das candidaturas 

Licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as, mestrados/a ou doutores/as en relación coas matemáticas, estatística, informática ou outras titulacións afíns con coñecementos en estatística e informática.

Condicións 

  • Retribución bruta mensual: 1.552,00 € - 1810,00 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada.
  • Data de inicio prevista: incorporación inmediata.
  • Data estimada de fin de obra: 31/12/2019, con carácter prorrogable.
  • Xornada laboral a tempo completo.
  • Lugar de traballo: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela.

Envío de solicitudes

As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 6 de setembro ás 23.59 horas.

Máis información aquí.