Oferta de emprego do ITMATI (ITMATI-OT-13/2019)

Investigador/a para proxecto

UVigo - Emprego 17/09/2019

Referencia da oferta

ITMATI-OT-13/2019

Descrición

Convocatoria de oferta de emprego de investigador/a para o proxecto «Desenvolvemento de algoritmos relacionados con estatística, optimización e intelixencia artificial» no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da loita contra incendios forestais.

Titulación requerida

Licenciatura, grao, máster ou doutoramento en Matemáticas, Estatística, Computación ou Enxeñaría.

Méritos valorables

  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia previa en modelización estatística relacionada coa temática do proxecto.
  • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos.
  • Linguaxe de programación R e Python. 
  • Coñecementos de bases de datos, especialmente de postGIS
  • Coñecementos en GIS, en particular QGIS e PyQGIS

Condicións

  • Retribución bruta mensual: 1.650,00 € - 1.810,00 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada.
  • Data de inicio prevista: incorporación inmediata. 
  • Duración e data estimada de fin de obra prevista: 31 de xullo de 2020.
  • Xornada laboral: a tempo completo. 
  • Lugar de traballo: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Pavillón de Servizos, Campus Vida, Santiago de Compostela.

Envío de solicitudes

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 26 de setembro de 2019 ás 23.59 h. 

Máis información aquí.