Oferta de emprego do ITMATI (ITMATI-OT-14/2019)

Investigador/a a media xornada para proxecto

UVigo - Emprego 30/09/2019

Referencia da oferta

ITMATI-OT-14/2019

Proxecto

Modelización e optimización de sistemas de refrixeración.

Descrición

Convocatoria de oferta de emprego de investigador/a a media xornada para o proxecto  de investigación de aplicación de técnicas matemáticas de simulación, optimización e control á mellora de sistemas de refrixeración, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector do frío industrial e climatización.

Titulación requirida

Licenciatura, grao, máster ou doutoramento en Matemáticas, Física, Informática ou Enxeñaría

Méritos valorables (entre outros)

  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñocementos de inglés.

Ofrécese

  • Retribución bruta mensual: entre 543 € e 905 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada.
  • Data de inicio prevista: incorporación inmediata.
  • Data estimada de fin de obra: xuño de 2020.
  • Xornada laboral: media xornada
  • Lugar de traballo: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Pavillón de Servizos, Campus Vida, Santiago de Compostela.

Envío de solicitudes

Ata o 3 de outubro as 00.00 horas.

Máis información na páxina web do ITMATI.