Oferta de emprego temporal do CITMAGA na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”

UVigo - Emprego 17/10/2022

Referencia da oferta

CITMAga-OT-25/2022

Funcións

Modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria.

Valoración de méritos e requisitos

  • Titulación universitaria relacionada coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática (ou similares). 
  • Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecementos de inglés.
  • Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control; na implementación e validación no ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios de estas disciplinas.
  • Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab etc.).
  • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización.

Características da oferta 

  • Retribución bruta mensual: 1606,52 € en 14 pagas. 
  • Data de inicio prevista: a partir do 1 de novembro de 2022.
  • Tipo de contrato: contrato temporal (contrato de substitución para a cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor). 
  • Categoría laboral: investigador/a colaborador.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
  • Duración: 16 semanas.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 25 de outubro de 2022.

Máis información aquí.