Oposición estatal ao Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información
O Estado convoca un proceso selectivo para cubrir 80 prazas de ingreso libre ao Corpo Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información. O proceso realizarase por oposición e concluirá coa superación dun curso selectivo para os/as aspirantes que superen esta fase.
Requisitos
Posuír o título de Grao, Licenciatura, Enxeñaría ou Arquitectura ou estar en condicións de obtelo como máximo no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Prazo de inscrición
Ata o 30 de abril.
Máis información no BOE 30 de marzo 2019.