Oposicións ao Corpo de Enxeñeiros/as de Minas do Estado

UVigo - Emprego 14/05/2019

O Ministerio para a Transición Ecolóxica convoca 11 prazas ao Corpo de Enxeñeiros/as de Minas do Estado polo sistema de oposición. O proceso inclúe a superación dun curso selectivo. Para a realización deste, as persoas aspirantes que superasen a fase de oposición serán nomeadas funcionarias en prácticas pola autoridade convocante.

Requisitos

Posuír ou estar en condicións de obter o título de Enxeñeiro/a de Minas na data de finalización de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 4 de xuño de 2019.

Máis información no BOE 7 de maio 2019.