Oposicións ao Tribunal de Contas

UVigo - Emprego 13/05/2019

O Tribunal de Contas convoca os seguintes procesos selectivos que se realizarán por oposición:

  • 10 prazas ao Corpo Superior de Auditores (5 prazas de acceso libre, 5 prazas por promoción interna).
    Requisitos: ter nacionalidade española e posuír ou estar en condicións de obter o título con data de fin de presentación de solicitudes de Grao, Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura ou Doutoramento.
  • 3 prazas ao Corpo Superior de Letrados (2 prazas de acceso libre, 1 praza por promoción interna). Requisitos: ter nacionalidade española e posuír ou estar en condicións de obter o título con data de fin de presentación de solicitudes de Grao ou Licenciatura en Dereito.
  • 25 prazas do Corpo Técnico de Auditoría e Control Externo polo sistema de acceso libre.
    Requisitos: ter nacionalidade española e posuír ou estar en condicións de obter o título con data de fin de presentación de solicitudes de Grao, Diplomatura, Enxeñería Técnica ou Arquitectura Técnica.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 10 de xuño de 2019.

Máis información no BOE do 13 de maio de 2019.