Oposicións aos corpos docentes de educación na Comunidade Autónoma de Galicia

UVigo - Emprego 16/03/2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca, mediante o sistema de concurso-oposición, as seguintes prazas:

  • 10 prazas no corpo de inspectores de educación
  • 1.041 prazas no corpo de profesores de ensino secundario
  • 68 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas
  • 85 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas
  • 40 no corpo de profesores de artes plásticas e deseño
  • 363 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional
  • 747 prazas no corpo de mestres


Información e solicitudes

Debido á emerxencia do COVID-19 e así como establece o RD 463/2020, interrómpese o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través de https://sede.xunta.gal co procedemento ED001A.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 6 de abril de 2020

Máis información aquí.