Oposicións aos grupos superiores da administración xeral da Xunta de Galicia

UVigo - Emprego 10/12/2019

A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia convoca:

133 prazas ao corpo superior da Administración Xeral, subgrupo A1. Entre outros requisitos, posuír o título de grao universitario, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente.

65 prazas ao corpo de xestión da Administración Xeral, subgrupo A2. Entre outros requisitos, posuír o título de grao universitario, diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou equivalente.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 27 de decembro de 2019.