Oposicións corpo de tradutores e intérpretes

UVigo - Emprego 25/03/2019

Convócanse probas selectivas para cubrir seis prazas do Corpo de Tradutores e Intérpretes, polo sistema xeral de acceso libre, das seguintes características:

  • 1 praza de tradutor/a do inglés ao castelán (tradución directa do inglés ao castelán), cunha 2ª lingua estranxeira a elixir entre as oficiais da UE e da ONU.
  • 1 praza de tradutor/a do francés ao castelán (tradución directa do francés ao castelán), con inglés como segunda lingua estranxeira.
  • 1 praza de tradutor/a e intérprete do francés con tradución inversa (do castelán ao francés) e interpretación consecutiva e simultánea (do francés ao castelán e do castelán ao francés) e unha 2ª lingua estranxeira a elixir entre as oficiais da UE e da ONU.
  • 1 praza de tradutor/a do castelán ao inglés (tradución inversa do castelán ao inglés), cunha 2ª lingua estranxeira a elixir entre as oficiais da UE e da ONU.
  • 2 prazas de tradutor/a do castelán ao inglés (tradución inversa do castelán ao inglés), con francés como 2ª lingua estranxeira.

O proceso selectivo consistirá nunha fase de oposición coas valoracións, probas e puntuacións que se especifican no anexo I da convocatoria e nun período de prácticas.


Prazo

Ata o 16 de abril de 2019.

Máis información: Resolución de 14 de marzo de 2019, da Subsecretaría, pola que se convocan probas selectivas para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Tradutores e Intérpretes. BOE 19 de marzo 2019.