Persoas colaboradoras bolseiras nos Centros Residenciais Docentes

UVigo - Emprego 29/06/2022

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras para o curso 2022/2023, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

CRD da Coruña: 18 prazas.

CRD de Ourense: 6 prazas.

CRD de Vigo: 6 prazas.

Valoración de requisitos e méritos

  • 18 anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2022.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
  • A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, mestrado oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2022/23.
  • A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.

Incompatibilidades

  • As persoas beneficiarias de praza de colaborador/a bolseiro/a non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
  • Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
  • A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

Información e solicitudes

Residencias: 

As bolsas solicitaranse na sede da Xunta de Galicia co procedemento ED308A.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 5 de agosto de 2022.