Prácticas na Axencia Europea de Substancias Químicas
A Axencia Europea de Substancias Químicas ofrece ata 20 oportunidades de prácticas en campos científicos como a química, a toxicoloxía, a bioloxía, as ciencias ambientais e tecnolóxicas, e e para realizar tarefas relacionadas co dereito, coas comunicacións, coas finanzas, cos recursos humanos e coas TIC.
A quen vai dirixido?
- Persoas recentemente graduadas na universidade ou tituladas dunha cualificación técnica ou profesional de nivel equivalente en campos relevantes para a lexislación química aplicable ou para as tarefas administrativas dunha institución da UE
- Persoas empregadas no sector público ou privado que participan en traballos de posgrao en eidos relevantes para a lexislación sobre os produtos químicos
Requisitos
- Coñecementos de inglés, a lingua de traballo da axencia
Cando?
- As prácticas adoitan comezar a principios de marzo ou setembro
- A súa duración é de tres a seis meses (sen posibilidade de estenderse máis aló dos seis meses)
Dotación económica
- A contía da bolsa é de 1300 euros
Inscrición e solicitudes
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 18 de maio de 2020.
Máis información aquí.