Prácticas no Banco Central Europeo

UVigo - Emprego 02/06/2020

O programa de prácticas do Banco Central Europeo ofrece a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos durante os estudos nas actividades do banco e contribuír ao seu cometido. As tarefas realízanse baixo a supervisión e variarán segundo as diferentes unidades. Poden consistir na investigación, na elaboración de proxectos de informes, na recollida de datos estatísticos, na realización de tarefas operativas e na participación en estudos específicos.

Requisitos

  • Nacionais dun Estado membro da UE
  • Titulación de grao ou licenciatura

Condicións das bolsas

  • A duración será entre 3 e 6 meses, prorrogables unha vez ata un total de 12 meses
  • A contía estará arredor de 1050 € ao mes
  • O lugar de realización das prácticas será en Frankfurt (Alemaña)

Máis información

Podes ver as actuais vacantes aquí.