Prácticas no Centro Europeo de Linguas Modernas 

UVigo - Emprego 10/12/2019

A función principal do Centro Europeo de Linguas Modernas (CELM), que é un corpo do Consello de Europa, é servir na implantación de políticas lingüísticas e na promoción de enfoques innovadores para a aprendizaxe e a ensinanza das linguas modernas.

Características

  • Hai dous períodos anuais de prácticas.
  • A duración das prácticas será de seis meses.
  • A contía é de 720 € ao mes.

Tipos de prácticas

  • Especialización en web: participar no desenvolvemento do sitio web do CELM con tarefas de verificación da precisión e actualización de información.
  • Especialización en loxística: dar soporte a asistentes e á secretaría do programa, establecer detalles prácticos, contactar coas persoas participantes dos talleres, dar soporte aos equipos e participantes durante os talleres e reunión.
  • Especialización en documentación: dar soporte aos documentalistas do CELM, participar na indexación de novos recursos e na preparación de documentos.
  • Especialización en finanzas e administración xeral: apoiar no desenvolvemento da BBDD de correos e na implementación de Windream (software de xestión de documentos). Participar no proceso de documentación financeira, cumprimentación dos datos bancarios na BBDD, preparación da documentación relacionada cos talleres.

Requisitos

  • Persoas recentemente tituladas en grao ou posgrao.
  • Dominio do inglés ou francés. Valoraranse os coñecementos de alemán.

Información e inscrición

  • Ata o 28 de febreiro para o período de prácticas de xullo a decembro.
  • Ata o 31 de agosto para o período de prácticas de xaneiro a xuño. 

Máis información e inscrición aquí.