Prácticas en departamentos da Axencia Europea GNSS

UVigo - Emprego 26/03/2020

A  Axencia do Sistema Mundial de Navegación por Satélite (GNSS) europeo, con sede en Praga, convoca prácticas para os departamentos legal, financeiro, de recursos humanos e de comunicación.

Condicións das bolsas

  • As prácticas son de xornada completa e a dotación é de 1000 € mensuais
  • O lugar de traballo é Praga
  • A duración é de 6 meses con carácter renovable

Requisitos

  • Ter a nacionalidade dun país comunitario
  • Ter unha titulación académica ou estar a cursar unha carreira universitaria
  • Ter experiencia previa no departamento ao que se aplica
  • Ter coñecemento de polo menos un idioma europeo e fluidez nun segundo idioma dalgún país da UE
  • Non ter antecedentes penais

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de xuño de 2020.

Máis información aquí.