Prácticas enxeñaría mecatrónica

UVigo - Emprego 13/11/2019

Siemens, S.A. ofrece dentro do programa START unha praza de práctica de enxeñaría mecatrónica.

Que ofrece a empresa?

  • Bolsa de axuda de 570 € brutos mensuais
  • 6h. diarias en xornada de mañá
  • Centro de prácticas: Santiago de Compostela

Que perfil busca a empresa?

  • Estudante universitario de Grao en Enxeñaría de Sistemas de Telecomunicación, Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática ou Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais
  • Nivel B2 de inglés.

Plan de formación proposto

Na oficina rexional de Galicia poderá coñecer e aprender sobre algunhas das partes máis recoñecibles de Siemens, como son a automatización, os accionamentos ou coñecer o software relacionado coa industria 4.0 e o “xemelgo dixital” que marcan o futuro sobre o que se construirá a nova división Digital Industry.

Máis información aquí.