Prácticas formativas no Tribunal de Contas Europeo

UVigo - Emprego 19/01/2021

O Tribunal de Contas Europeo organiza tres períodos anuais de prácticas de formación en ámbitos de interese para o seu traballo. Actualmente está aberto o prazo para as prácticas que se desenvolverán entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2021.

Requisitos

  • Nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
  • Titulación universitaria ou ter realizado ao menos catro semestres de estudos universitarios nun ámbito de interese do tribunal.
  • Posuír un coñecemento profundo dunha lingua oficial da UE e un coñecemento satisfactorio dunha segunda lingua oficial da UE.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2021.

Máis información e inscrición aquí.