Prácticas ICEX Vives en empresas españolas no estranxeiro

UVigo - Emprego 02/12/2022

O ICEX ten aberto o programa ICEX Vives para a realización de ata 2000 prácticas formativas en empresas españolas no estranxeiro, cunha duración de 6 a 12 meses entre xaneiro de 2023 e decembro de 2024.
As prácticas pódense desenvolver en multitude de ámbitos e disciplinas relacionados coa internacionalización:

  • Estudo e prospección de mercados internacionais.
  • Reforzo dos equipos en destino, tanto técnicos como comerciais.
  • Desenvolvemento de negocio, busca de socios, axentes e distribuidores.
  • Posta en marcha de proxectos locais e soporte a novos contratos.

Algúns exemplos das tipoloxías das prácticas son comercial de exportación, enxeñaría I+D, asesoría xurídica, analista de trade finance, analista de planificación loxística, analista de xestión de operación, especialistas en e-commerce e loxística, especialista de RRHH, analista de desenvolvemento de negocio, desenvolvemento de negocio no sector agroalimentario.

Requisitos

  • Ter entre 18 e 30 anos.
  • Nacionalidade española ou doutro estado membro da UE e ter residencia en España.
  • Posuír titulación universitaria de grao ou técnico medio ou superior de formación profesional.
  • Non ter desfrutado anteriormente outra bolsa ou axuda para fins similares.

Se precisas máis información visita a súa páxina web aquí ou contacta con información@icex.es.