Prácticas profesionais na área de comunicación do programa Interreg Volunteer Youth

UVigo - Emprego 22/06/2021

Interreg Volunteer Youth (IVY) ofrece a mozos e a mozas de Europa, de entre 18 e 30 anos, a posibilidade de realizar unhas prácticas profesionais durante un período de voluntariado no ámbito da cooperación transfronteriza. Os proxectos están implementados pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) no programa Interreg SUDOE.

Na zona de Vigo ofrécense dous proxectos relacionados co medio ambiente, sobre todo no referido á comunicación:

Proxecto Ecoval

Tarefas: xestionar as redes sociais e o sitio web do proxecto, participar no deseño e na implementación de campañas de comunicación a través das redes sociais, dos medios en liña e dos tradicionais (prensa, transporte público etc.), participar en charlas en escolas e en institutos para educar persoas xoves sobre a xestión do lixo e a importancia da protección do medio ambiente, elaborar vídeos informativos e deseñar materiais de comunicación.

Proxecto Conserval

Tarefas: crear contidos sobre o proxecto para as canles de redes sociais, para o sitio web e para o boletín; participar en obradoiros e organizar os eventos; promover a rede transfronteiriza; e participar nas reunións do comité de comunicación do proxecto.

Características das prácticas

  • O período de voluntariado duraría 6 meses.
  • Recibirán unha contía de 23 € diarios.

Requisitos

As persoas interesadas deben dominar o inglés e o español e posuír un bo coñecemento do idioma portugués.

Máis información aquí.