Prácticas Schuman no Parlamento Europeo

UVigo - Emprego 04/06/2020

O Parlamento Europeo ofrece diferentes períodos de prácticas dentro da súa Secretaría para contribuír á formación profesional dos cidadáns novos e á comprensión do funcionamento da institución. Estas prácticas outórganse por un período de cinco meses.

Requisitos

  • Titulación universitaria
  • Ter coñecementos profundos dunha das linguas oficiais da UE e un moi bo coñecemento doutra lingua oficial da UE

Dotación económica

  •  Unha asignación mensual de 1313,37 € para as prácticas realizadas en Bruxelas e en Luxemburgo

Inscrición e solicitudes

Neste momento está aberto o prazo para as prácticas que se realizarán entre o 1 de outubro de 2020 e o 28 de febreiro de 2021. Este prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2020.

Máis información aquí e no correo: traineeships@europarl.europa.eu