Prácticas de telecomunicacións de Vodafone en Vigo

UVigo - Emprego 28/09/2020

Vodafone, dentro da súa campaña "Bolsas Vodafone Yu 2020”, a través da páxina Talentoteca da FUE, ofrece unha bolsa de prácticas en Vigo dirixida ao estudantado universitario de telecomunicación.

Requisitos

  • Estudante de grao ou de mestrado en Enxeñaría en Tecnoloxía de Telecomunicación
  • Nivel B2 de inglés
  • Valoraranse os coñecementos de programación en Python
  • Desexable coñecementos en SQL, redes de telecomunicacións, redes IP etc.
  • Perfil organizado e resolutivo, con habilidades de comunicación e que lle guste traballar en equipo

Ofrécese

  • 1 praza de prácticas en Vodafone España para incorporarse en novembro de 2020
  • Bolsa de axuda de 700€ brutos mensuais.
  • 5 horas diarias en xornada de mañá.
  • Telepráctica semipresencial.
  • Programa START
  • Centro das prácticas: Consorcio da Zona Franca en Vigo

Obxectivos 

  • Consultoría e análise de procesos técnicos, traballando cos equipos de mellora de procesos
  • Participación nos grupos de traballo de definición de requisitos técnicos, traballando cos equipos de Home monitoring no deseño e implantación de accións proactivas
  • Seguimento de implantación de proxectos, traballando no equipo que xestiona o proxecto de implantación das novas ferramentas de diagnóstico de Vodafone. Encargarase de garantir o cumprimento das fases de implementación e de recoller e procesar o feedback das áreas usuarias. 
  • Reporting (KPI de seguimento de proxectos)

Información e inscrición

Máis información e inscrición aquí.