Prácticas no Tribunal de Xustiza da UE

UVigo - Emprego 26/03/2020

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece cada ano un número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas nos gabinetes dos membros do Tribunal de Xustiza e do Tribunal Xeral da Unión Europea e nos servizos do Tribunal de Xustiza. Cunha duración de cinco meses, as prácticas desenvolveranse principalmente na direccións de Interpretación, de Tradución Xurídica, de Investigación e Documentación, de Comunicación ou na de Protocolo e de Visitas, no Consello Xurídico para asuntos administrativos ou na Secretaría do Tribunal Xeral.

Períodos de prácticas e prazos de solicitude

  • Prácticas do 1 de marzo ao 31 de xullo
    Solicitudes entre o 1 de xullo e o 15 de setembro de cada ano.
     
  • Prácticas do 1 de outubro ao 28 de febreiro
    Solicitudes entre o 1 de febreiro e o 15 de abril de cada ano.

Dotación das bolsas

A contía das bolsas é de 1177 € netos mensuais máis un importe de 150 € por gastos de viaxe..

Requisitos

  • Ser cidadán ou cidadá dun Estado membro da UE
  • Posuir unha titulación universitaria en Dereito ou Ciencias Políticas (especialidade en dereito) ou, para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de intérprete de conferencias.
  • Contar cun bo nivel, tanto falado como escrito, dalgunha das linguas oficiais da UE así como ter un bo coñecemento dunha segunda lingua oficial da UE. Por razóns de servizo, é conveniente posuír un bo coñecemento do francés.

Máis información aquí.