Proba para un contrato en prácticas para titulados/as en Dereito ou Relacións Laborais na CRTVG

UVigo - Emprego 28/09/2020

A CRTVG convoca unha proba para un contrato en prácticas na que se require posuír a titulación de grao en Dereito, Relacións Laborais ou equivalentes, obtida dentro dos cincos anos anteriores á convocatoria ou sete no caso das persoas con discapacidade. 

A retribución da persoa seleccionada será de 23.282,22 € brutos anuais, para o primeiro ano e, de 28.271,27 € brutos anuais, para o segundo ano.

Lugar e data da proba: 23 de outubro de 2020, ás 10.30 horas, na sede da CRTVG en San Marcos, Santiago de Compostela

Prazo de inscrición: ata o 13 de outubro de 2020

Máis información aquí.