Proceso selectivo dun/dunha traballador/a social no Concello de Miño 

UVigo - Emprego 03/06/2020

O Concello de Miño (A Coruña) realiza unha convocatoria para a selección dun/dunha funcionario/a interino/a dunha persoa funcionaria interina (grupo A, subgrupo 2, escala de administración especial, subescala técnica, denominación traballador/a social)  mediante o sistema de concurso-oposición libre debido á forte acumulación de tarefas que está a padecer na actualidade o departamento de servizos sociais comunitarios municipais por causa da COVID-19, así como a creación dunha bolsa de traballo para a mesma categoría profesional. 

Requisitos

  • Ter a nacionalidade dun Estado membro da UE
  • Posuír unha titulación universitaria de grao ou unha diplomatura en Traballo Social ou unha titulación equivalente
  • Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega Celga 4
  • Estar en posesión do permiso de conducir B e dispoñer de vehículo propio

Inscrición e solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 9 de xuño de 2020.

Mais información aquí.