Proceso selectivo do Instituto de Astrofísica de Canarias para un enxeñeiro/a mecánico ou aeroespacial

UVigo - Emprego 09/12/2021

O Instituto de Astrofísica de Canarias ten aberto un proceso selectivo dun contrato laboral para un enxeñeiro/a en Mecánica ou Aeroespacial para o proxecto “Telescopio ExoLife Finder, miniELF”.
O proceso selectivo constará de dúas fases: a primeira consistirá nun concurso de méritos e a segunda será unha entrevista para as candidaturas que superen a primeira fase.

Funcións do posto

  • Seguimento de contratos para o deseño e a fabricación de sistemas optomecánicos.
  • Deseño e análise de ensamblaxes optomecánicos.
  • Atermalización de sistemas optomecánicos.
  • Manexo de ferramentas CAD (PTC CREO) para o deseño de pezas e ensamblaxes, cálculo, e realización de planos técnicos para a fabricación de pezas.
  • Manexo de ferramentas CAE (ANSYS Workbench) para o dimensionamento de estruturas e de compoñentes mediante a análise por elementos finitos tanto estáticos como dinámicos-vibracións e térmicos.
  • Xestión da fabricación de pezas prototipo.
  • Deseño e montaxe de prototipos funcionais.
  • Deseño de útiles e posta a punto de bancos de probas de sistemas mecánicos.
  • Manexo de ferramentas e instrumentación de laboratorio da especialidade mecánica.
  • Asistencia técnica no proceso de licitación e de compra de compoñentes propios da especialidade.
  • Interacción con outras disciplinas e definición de interfaces coa plataforma e internamente cos diferentes subsistemas.
  • Asistencia a congresos e a foros.
  • Redacción de documentación científico-técnica.

Características da oferta

Data estimada de inicio: xaneiro de 2022.
Data estimada de fin de obra: xullo de 2023, unha vez concluído o traballo técnico da ensamblaxe do prototipo MiniELF
Salario bruto anual de 35.374,61 euros (salario base, pagas extraordinarias, indemnización por residencia e complemento de produtividade).

Prazo de inscrición

Aberto ata o 15 de decembro de 2021. 

 

Máis información e incrición aquí.