Proceso selectivo para técnico/a ICEX na Oficina Económica e Comercial de España en París

UVigo - Emprego 05/06/2020

Tes experiencia en comercio exterior e queres axudar á internacionalización das empresas españolas en Francia? 
O ICEX España Exportación e Inversións ten aberta unha convocatoria para cubrir un posto de técnico/a (xefe/a de departamento adxunto) como persoal laboral fixo na Oficina Económica e Comercial de España en París. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso - oposición.


Requisitos

  • Posuír unha titulación universitaria superior ou de grao
  • Dominar os idiomas castelán e francés (nivel mínimo: C1)
  • Experiencia profesional mínima de dous anos na área de Comercio Internacional que se acreditará documentalmente
  • Dispoñibilidade para viaxar

Méritos específicos do posto

  • Titulación oficial nas áreas de Economía, Dereito, Enxeñaría ou similar
  • Bolsa oficial en Comercio Exterior
  • Formación específica relacionada co Comercio Internacional
  • Coñecementos do idioma inglés
  • Experiencia profesional na área da Internacionalización de empresas e o Comercio Internacional, adicional á mínima esixida de dous anos

Dotación económica

  • A retribución será de 50 605,47 € brutos anuais por todos os conceptos (incluídas as pagas extraordinarias)

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de xuño de 2020.

Máis información aquí.