Programa de desenvolvemento profesional para futuros/as docentes 

UVigo - Emprego 20/04/2020

A Fundación Princesa de Girona pon en marcha un programa que propón seleccionar anualmente a 30 mozos e mozas para que realicen as súas prácticas e o seu traballo de fin de grao nunha escola rural de referencia, coa finalidade de que se convertan en docentes transformadores/as, con capacidade para innovar e para xerar solucións a grandes retos educativos.

Requisitos

  • Ser estudante, menor de 25 anos dos graos Educación Infantil ou Educación Primaria en calquera universidade española
  • Realizar as prácticas e o teu traballo de fin de grao nun período de 4 meses (entre xaneiro e decembro de 2021)
  • Estar martriculado/a no último curso de grao

Onde e cando?

  • As prácticas realizaranse en Aragón, Estremadura e Galicia
  • As 30 persoas finalistas realizarán unha formación inicial (obradoiros e sesións de traballo colaborativo) antes de incorporarse a un dos centros rurais do programa para desenvolver as súas prácticas

Dotación económica

  • A fundación dotará as persoas seleccionadas con 3 000€ para sufragar os gastos de desprazamento e aloxamento nunha comunidade autónoma diferente á da súa residencia

Inscrición e solicitudes

  • O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 5 de xuño de 2020.
  • A inscrición pode realizarse aquí
  • Máis información aquí

Contacto

Para calquera dúbida que teñas, podes contactar coa Fundación Princesa de Girona chamando ao 972 41 02 48 ou a través do correo electrónico edu@fpdgi.org