Programa de prácticas da Axencia Europea de Defensa
A Axencia Europea de Defensa (EDA) ofrece un programa de prácticas dirixido a persoas recentemente tituladas nun grao universitario.
As prácticas EDA proporcionaranche a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos nos teus estudos mentres obtés unha visión única das políticas e procesos para o desenvolvemento de capacidades de defensa europeas nun ambiente profesional multicultural e dinámico.
Requisitos
- Posuír coñecementos de dous idiomas de Estados membros participantes
- Cómpre que un dos idiomas antes mencionados sexa o inglés xa que é o idioma principal de traballo da EDA
Cando?
- As prácticas comenzarán en setembro e terán unha duración de 12 meses
Dotación económica
- A contía mensual será de 1 220,78 €
Información e solicitudes
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de maio de 2020.
Máis información aquí.