Programa de prácticas remuneradas de Acciona

UVigo - Emprego 20/09/2019

Acciona S.A. oferta desde a web da Fundación Universidad-Empresa 100 prácticas para o estudantado de último curso de grao ou mestrado de diversas áreas. Trátase dunha oportunidade de poñer en práctica os seus coñecementos teóricos nunha grande empresa multinacional. 

Condicións das bolsas

  • Duración: 6 meses.
  • Xornada: 4-5 horas diarias.
  • Remuneración: de 500 € a 800 € dependendo do posto.
  • Localidades: Madrid, País Vasco, Burgos, Barcelona, Navarra, Sevilla e Estremadura.

Perfís solicitados

ADE  e economía, industriais, informática, marketing, enxeñaría de camiños, acceso á avogacía, enxeñaría eléctrica e matemáticas. 

Máis información aquí.