Programa Profesionais 4.0 do IGAPE

Bolsa de emprego

UVigo - Emprego 17/09/2019

Profesionais 4.0 é un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo que permite ás empresas galegas contratar mozas e mozos co fin de abordar plans de mellora competitiva. Esta convocatoria financia, para as empresas, a contratación a tempo completo, con carácter indefinido ou cunha duración mínima de 12 meses, de recentemente titulados/as universitarios/as e de grao superior de FP. A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada non será inferior a 19.000 euros.

As persoas interesadas en inscribirse deberán darse de alta na base de datos de candidaturas onde as empresas poderán atopar as candidaturas axeitadas.  A inscrición, en todo caso, debe ser previa á resolución da convocatoria a finais do 2019. 

Requisitos das persoas candidatas

  • Idade entre os 18 e os 35 anos. 
  • Titulación que acredite un nivel EQF (marco europeo de cualificacións) 5 ou superior: titulación universitaria (grao/diplomatura ou superior) ou título de técnico/a superior de formación profesional ou equivalente. No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros, deben estar homologados en España. 
  • Experiencia non superior a 24 meses no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación. A efectos destas bases considéraranse grupos de cotización correspondentes á titulación os 1 e 2 no caso das persoas con titulación universitaria e os 3 e 5 no caso das persoas con titulación de formación profesional. 
  • Estar dados de alta coma demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego. 
  • Non ter sido contratado anteriormente pola entidade solicitante. 
  • Non ter vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

Información do programa aquí