Proxectos empresariais e de autoemprego da mocidade en concellos rurais de Ourense

UVigo - Emprego 05/11/2019

A Deputación Provincial de Ourense publica as bases para a concesión de subvencións para proxectos empresariais e de autoemprego en concellos rurais de menor poboación, no marco de proxecto emprendOu, financiado polo programa operativo de emprego xuvenil do fondo social europeo (Axudas EMP-POEJ).

Requisitos das persoas beneficiarias e dos proxectos empresariais

Persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia nalgún dos municipios recollidos na convocatoria sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso:

  1. Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade.
  2. Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  3. Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea ou dos estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  4. Estar dado de alta como residente no padrón dalgún dos municipios ourensáns elixibles, na data de alta na actividade e durante todo o período subvencionable. O centro de traballo da actividade terá que situarse nese mesmo municipio.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.

Máis información aquí.