Próximas formacións do programa e-Destrezas

UVigo - Emprego 15/10/2019

Programa de formacións gratuítas organizada pola Sección de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo ao longo do curso 2019/2020 para toda a comunidade universitaria.

As vindeiras formacións desenvolveranse proximamente:

Fundamentos e principios de cálculo científico con Matlab (Pontevedra)

O obxectivo do curso é familiarizar as persoas participantes co software científico Matlab e o seu ámbito de traballo. Traballaranse, entre outros, conceptos relativos á contorna de usuario, comandos, variables, vectores, matrices, gráficos, arquivos, scripts e funcións.

  • Do 24 de outubro ao 28 de novembro.
  • De 16.00 a 20.00 h.
  • Aula Tecnolóxica, sede da Vicereritoría do Campus de Pontevedra.
  • O curso realizarase cun mínimo de 15 inscricións e un máximo de 20.
  • Prazo de inscrición aberto ata o 20 de outubro de 2019.

Iniciación práctica á impresión 3D (Ourense)

O curso dotará as persoas asistentes dos coñecementos da tecnoloxía de impresión necesarios para deseñar e fabricar as súas propias pezas en 3D, montar unha impresora 3D, identificar os problemas habituais de funcionamento e corrixilos.
O curso comeza o 5 de novembro e remata o 10 de decembro.

  • Os martes de 16.00 a 21.00 h.
  • En La Molinera, Ourense.
  • O curso realizarase cun mínimo de 16 inscricións e un máximo de 20.
  • O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 4 de novembro de 2019. 

Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel (Vigo)

Traballaranse conceptos relacionados con operacións e funcións básicas e avanzadas, gráficos, análise de datos, vinculación con outras ferramentas de Office etc.

  • O curso comezará o 14 de novembro e rematará o 10 de xaneiro.
  • Horario:  xoves 14 e 21 de novembro de 10.00 a 14.00 h. Venres 29 de novembro, 13 e 20 de decemebro e 10 de xaneiro de 16.00 a 20.00 h.
  • Lugar: Sala 4 do edificio Miralles
  • O curso realizarase cun mínimo de 25 inscricións e un máximo de 30.
  • O prazo de inscrición permancerá aberto do 21 de outubro ao 12 de novembro de 2019.


Máis información da oferta formativa aquí.