Santander Smart Talent

4 de marzo de 2019

UVigo - Emprego 06/03/2019

O Banco Santander pon en marcha Santander Smart Talent, a primeira competición nacional onde se busca impulsar o talento e a creatividade universitaria a través do desenvolvemento de retos dixitais.

A iniciativa ten como obxectivo resolver dous retos dixitais propostos polo Banco Santander: Artificial Intelligence e Digital Innovation, nos que os/as universitarios/as terán que aplicar o seu talento e coñecementos no ámbito da tecnoloxía e da innovación.

Poderán participar todos os/as estudantes universitarios/as, entre 18 e 27 anos, de calquera carreira universitaria ou de posgrao. As inscricións poderán ser individuais ou en grupo cun máximo de 4 compoñentes.

Dúas das 30 mellores solucións optarán a un premio de 5000 €.

Prazo

Ata o 18 de marzo de 2019.

As bases do programa e as inscricións realizaranse a través desta plataforma.