Selección dun monitor/a do obradoiro “Prepara o teu camiño” do Concello de Ribadeo en funcións audiovisuais multimedia interactivos

UVigo - Emprego 18/10/2021

O Concello de Ribadeo ten aberta unha convocatoria de selección dunha persoa con funcións de monitor/a a tempo completo durante 9 meses do certificado de profesionalidade “ISMV0209 Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos”.

Requisitos

  • Titulación de grao, licenciatura, enxeñaría. arquitectura, diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou ciclo superior da familia profesional de imaxe e son.
  • Experiencia profesional mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia no ámbito do certificado de profesionalidade e nas seguintes ocupacións:
    - Integrador multimedia audiovisual
    - Desenvolvedor/a de produtos audiovisuais multimedia
    - Grafista dixital
    - Editor/a de contidos audiovisuais interactivos e non interactivos
    - Desenvolvedor/a de aplicacións multimedia
    - Axudante de realización en multimedia
    - Técnico/a en sistemas multimedia e técnicas en audiovisuais

Información e solicitudes

As solicitudes poderán presentarse tras a sondaxe da oficina de emprego ou directamente a través do rexistro do concello, a través da sede electrónica da entidade www.ribadeo.gal. Se a documentación se presentase a través do rexistro doutra administración, deberá comunicarse este extremo ao concello por fax (982 130 975), por correo electrónico (secretaria@ribadeo.org) ou por escrito para os efectos de poder coñecer esta presentación. 

As solicitudes presentadas no rexistro no Concello de Ribadeo poderán presentarse ata as 14.00 horas do 25 de outubro de 2021.

Para máis información consulta as bases da convocatoria aquí.