Tecnólogos/as para traballar en PROCLAN (plataforma oceánica de Canarias)

UVigo - Emprego 27/07/2021

PLOCAN é unha iniciativa para a estratexia de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) do Goberno de Canarias ao servizo da comunidade científica e tecnolóxica tanto estatal como internacional, inserido nas actuacións de coordinación e colaboración europeas no campo mariño-marítimo e o crecemento azul.

Para os novos proxectos, PLOCAN está seleccionando:

Tecnólogo/a para a área científico-técnica

Proxectos MUSICA e GRIPP (vacancy PES reference: 05/2021/004448)

 

  • Descrición do posto
  • Obrigatorio: titulación de nivel MECES 3 en enxeñaría industrial, civil, ambiental, electrónica e/ou de enerxías renovables (obrigatoria). Valoraranse as titulacións superiores ás citadas anteriormente. Experiencia mínima de tres anos coordinando proxectos en programas financiados por I + D da UE no campo da investigación da integración de enerxías renovables.

Tecnólogo/a para a área científico-técnica

Contrato de interinidade (vacancy PES reference: 05/2021/004394)

  • Descrición do posto
  • Obrigatorio: titulación de nivel MECES 3 (ou superior) en bioloxía, ciencias do mar, ciencias ambientais, enxeñaría de telecomunicacións, enxeñaría naval e oceánica. Participación (como mínimo durante dous anos) en proxectos científico-técnicos, financiados por unha convocatoria nacional ou internacional, directamente relacionados coas tecnoloxías mariñas subacuáticas, coa observación e/ou coa instrumentación oceanográfica.

Tecnólogo/a para a área científico-técnica

Proxectos JERICO-S3, EUROSEA e GROOM II (vacancy PES reference: 05/2021/004391)

  • Descrición do posto
  • Obrigatorio: titulación de nivel MECES 3 en telecomunicacións, electrónica, informática, física, química, ciencias do mar ou relacionadas. Valorarase o doutoramento en enxeñaría, en ciencias mariñas ou relacionadas. Experiencia mínima dun ano en xestión e en execución científico-técnica de proxectos europeos relacionados coa enxeñaría ou coas ciencias mariñas.

Tecnólogo/a para a área científico-técnica

Contrato de interinidade. Proxecto iFADO (vacancy PES reference: 05/2021/004385)

  • Descrición do posto
  • Obrigatorio: titulación de nivel MECES 3 (ou superior) en bioloxía, ciencias do mar, ciencias ambientais, enxeñaría de telecomunicacións, enxeñaría naval e oceánica. Participación (como mínimo durante dous anos) en proxectos científico-técnicos, financiados por unha convocatoria nacional ou internacional, directamente relacionado coas tecnoloxías mariñas subacuáticas, coa observación e/ou coa instrumentación oceanográfica.

Estás interesado/a?

Podes ler atentamente as descricións dos postos de traballo, o perfil requirido e as tarefas que desempeñar e envía o teu CV por correo electrónico a convocatoriaplazas@plocan.eu